UXÍO ABUÍN E ANTÓN RUANOVA, NA COPA ÁFRICA DE DAKHLA  

15 de Decembro de 2016

Os galegos Uxío Abuín e Antón Ruanova –que agora compite por Brasil- disputarán esta fin de semana a Copa África de Dakhla (Marrocos), na que será a última proba do ano 2016.

Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), que rematou a tempada o 5 de novembro co triunfo en Agadir, apenas gozou duns días de descanso e xa comezou a adestrar coa máxima ilusión despois dun final de tempada excepcional que o levou ao posto 58 do ranking mundial. Agora toca a Copa de Dakhla, que se disputará sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe).

E non será o único galego presente: O santiagués Antón Ruanova (Arcade Inforhouse) tentará porlle as cousas complicadas a Uxío. Ambos aparecen cos dous primeiros dorsais da proba, na que están inscritos un total de 27 deportistas. A proba celebrarase o sábado 17 a partir das 13:00 horas (unha hora menos en Galicia). Na categoría feminina non hai deportistas galegas.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.