UXÍO ABUÍN, ALBERTO CASTIÑEIRA E ANDRÉS CENDÁN, NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA

30 de Marzo de 2017

Tres triatletas galegos (Uxío Abuín, Alberto Castiñeira e Andrés Cendán) participarán esta fin de semana na Copa de Europa de Quarteira (Portugal). Esta proba da puntos para o ránking mundial.

A elite masculina celebrarase o sábado 1 de abril ás 16:30, hora portuguesa. A proba é un tríatlon olímpico (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e a natación realizarase na praia. Na categoría masculina a inscrición é de 79 triatletas e con nomes importantes coma Joao Pereira, Aurelien Raphael, Dorian Coninx ou David Castro, ademais dos nosos deportistas.

Uxío Abuín (Olímpico de Vedra) acadou a semana pasada a medalla de bronce na primeira Copa de Europa da presente tempada, celebrada en Gran Canaria e parte coma un dos favoritos a loitar polo podio. En Gran Canaria tamén participaron Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial), que entrou no top-20 (19º), mentres que Alberto Castiñeira (Tríatlon Arteixo) foi 21º. Ambos buscarán puntos para o ranking mundial.

2016. O vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou a oitava posición na Copa de Europa de Quarteira do ano 2016, despois dunha gran remontada na carreira a pe.

Quizáis che interese…