Tres galegos (Uxío Abuín, Camila Alonso e Melina Alonso) participarán o sábado 22 de outubro na Copa do Mundo de Tongyeong (Corea del Sur), que se disputará sobre a distancia sprint.
A primeira das probas en celebrarse será a feminina (02:30, hora galega) coa presenza entre as inscritas de Camila Alonso e Melina Alonso (Tríatlon Ferrol). Na masculina (04:45 horas) contaremos coa participación de Uxío Abuín, nunha proba de gran nivel con triatletas coma Igor Polyanskiy ou Joao Silva. Ademais está inscrito o venezolano Luismi Velásquez, que adestra no Grupo de Alto Rendemento do CGTD.
Esta será a penúltima cita do circuíto da Copa do Mundo e a proba de Corea disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta – con dúas costas dun importante desnivel – e 5 de carreira a pe).