UXÍO ABUÍN, ÓSCAR VICENTE E MELINA ALONSO PARTICIPAN NO EUROPEO SUB 23 EN HOLTEN

27 de Xuño de 2013

 Tres galegos (Uxío Abuín, Óscar Vicente e Melina Alonso) participarán no Europeo sub 23 e da Xuventude que se está a celebrar entre os días 27 e 29 de xuño en Holten (Holanda), unha localidade cunha gran tradición de tríatlon.

 

Ao longo do día de hoxe celebraranse as probas de relevos (relevos youth masculino, feminino e mixto) na que os integrantes do equipo realizarán un mini-triatlon (250 metros natación, 5 quilómetros en bicicleta e 1,5 de carreira a pe).

 

Mañá celebrarse unha proba popular e o sábado terán lugar as probas sub 23, coa participación dos deportistas galegos. A proba masculina, con Uxío e Óscar, comezará as 10:30 horas, mentres que a feminina, coa presenza de Melina que ven de proclamarse campioa de España de Tríatlon na distancia sprint, terá lugar ás 13:35. Nesta proba as distancias será de 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…