UXÍO ABUÍN QUEDOU A SO UN PASO DO PODIO NO CAMPIONATO DE EUROPA SUB 23 EN HOLTEN

29 de Xuño de 2013

Uxío Abuín         fixo un magnífico papel no Campionato de Europa sub 23, que se celebrou en Holten (Holanda), ao rematar na cuarta posición. Pola súa banda, Óscar Vicente logrou a medalla de bronce co equipo de relevos mixtos sub 23.

 

Hoxe celebrouse o Europeo de Tríatlon sub 23 individual, tanto na categoría masculina coma feminina, e coa participación de tres galegos (Uxío Abuín, Óscar Vicente e Melina Alonso). Na masculina, Uxío estivo moi cerca do podio, cunha excepcional cuarta posición.

Durante o sector ciclista, un grupo de 20, no que se encontra Uxío Abuín, zafaban se do resto conseguindo unha vantaxe de 1:45 sobre o pelotón perseguidor, que estaba formado por 29 triatletas.

O suízo Florin Salvisberg alzouse coa vitoria, mentres que Vicente Hernández e Jelle Geens protagonizaron un intenso duelo na súa loita pola prata. Ambos os dous disputaron unha vibrante carreira a pé, na que finalmente o belga conseguía a prata, mentres que o santacrucero entrou terceiro a tan só un segundo de Geens. Pola súa banda, o galego Uxío Abuín rematou nun destacado cuarto posto, que le soubo a gloria, mentres que Óscar Vicente non rematou a proba.

A competición discorreu por un primeiro segmento de natación de 1.5 km polo Domeelar, seguidos de 40 km ciclistas para rematar con 10 km de carreira a pé polas inmediacións da cidade holandesa, que conta cunha longa tradición na celebración de triatlóns.

Na proba feminina, Melina Alonso rematou nunha discreta 24 posición, mentres que a súa compañeira de club, Tamara Gómez foi cuarta clasificada.

Bronce para Óscar Vicente en relevos. O relevo mixto Sub23 composto por Anna Godoy, Ricardo Hernández, Miriam Casillas e o galego Óscar Vicente conseguiu a terceira posición no Campionato de Europa da modalidade celebrado o xoves en terras holandesas. A queda de Óscar foi fundamental, porque superou ao italiano na carreira a pe, para acadar a medalla de bronce.

España presentou na cita con dous equipos, o primeiro deles composto pola galega Melina Alonso (recente Campioa de España de triatlón sprint), Uxío Abuín, Tamara Goméz e Vicente Hernández. Este primeiro grupo ocuparía a sétima praza da clasificación xeral. O segundo equipo que presentaba a delegación española estaba formado por Anna Godoy, Ricardo Hernández, Miriam Casillas e Óscar Vicente.

Por diante, o combinado alemán cruzaba a liña de meta en primeira posición, e os rusos entraban segundos a 24 segundos dos vencedores. Pola súa banda, o equipo español alcanzaba a terceira praza do Campionato de Europa de Relevos Mixtos Sub23.

Dende moi temperán, os alemáns protagonizaron unha escapada. Por detrás os rusos e noutro grupo situábanse os equipos de España, Italia, Hungría e Ucraína. Chegados ao sector ciclista, os húngaros quedáronse demorados, co resto disputándose as medallas. Ao inicio da última posta, Óscar Vicente iniciaba un ataque na carreira a pé, que lle permitía adiantar ao italiano Davide Uccellari, e culminaba na consecución da medalla de bronce para o equipo español.

 

Quizáis che interese…