UXÍO ABUÍN, VENCEDOR DO TIMANFAYA TRIATHLON

8 de Febreiro de 2016

O galego Uxío Ubuín proclamouse o sábado 6 de febreiro vencedor do Timanfaya Triathlon, primeiro tríatlon do ano que se celebra en España (distancia sprint).

O noso deportista estivo dende o inicio en cabeza. Saiu da auga na primeira posición dun grupo no que figuraban Steffen Bayliss e Peru Alfaro. Na T1, quedan en cabeza Uxío e Steffen Bayliss e asi enfrontan o segmento da bicicleta. No ciclismo, Bayliss logra coller vantaxe sobre o galego, e así chega a transición con 40 segundos. Pero Uxío tiña reservado o mellor para o final e fixo un gran traballo na carreira a pe, que lle permitiu ir recortando distancias ata alcanzar ao británico no quilómetro 4 e despois superalo nun apertado final. Ao final, o triunfo foi para Uxío Abuín cun tempo de 53:41, segundo Stephen Bayliss (53:43) e terceiro Víctor del Corral (55:54).

 

 

 

Quizáis che interese…