Onte visitamos o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde adestran os becados galegos de tríatlon.
A tesoureira Bárbara Carbajales e o Vicepresidente José Manuel Saborido foron os directivos que se desprazaron ata Pontevedra, para manter unha reunión co corpo técnico e analizar os próximos obxectivos dos deportistas do CGTD.
Aproveitaron para facer unha visita guiada polas instalacións onde adestran os becados e intercambiaron impresións con varios deportistas e os seus adestradores.
Mención especial para Antonio Serrat que hoxe se despraza ata Italia para competir esta fin de semana na Copa do Mundo de Tríatlon de Arzachena, acompañado polo adestrador da Federación Galega Jonathan Cancela.
Felicitamos dende aquí ás triatletas galegas Elsa Pena e Natalia Castro pola súa convocatoria para o Campionato de Europa Júnior de Tríatlon que se celebra o próximo 18 de Xuño na localidade austríaca de KitzBühel.
Moita sorte e a seguir adestrando.