Xornadas de Reciclaxe e Actualización de Oficiais 2021

25 de Febreiro de 2021

————————————————-

XORNADAS DE RECICLAXE E ACTUALIZACIÓN DE OFICIAIS 

 
Data: domingo, 7 de marzo de 2021
Hora: 10:00 a 14:00
Lugar: Online- Sala de zoom 
 
INSCRICIÓN
Enviar un correo electrónico a fegatri.xuices@gmail.com  para  comunicar asistencia  á xornada  a máis tardar o  luns, 1 de marzo  de 2021
 
PROGRAMA
– Avaliación tempada 2020
   * Valoración da tempada. Revisión e actualización de Procedementos.  
– Revisión de regulamentos. Cambios  e actualización. Adaptacións á situación COVID 19
– Planificación da tempada  2021. 
    *   Probas Menores
     *  Longa Distancia
     *  Probas  Autonómicas
     * Probas Nacionais
     * Probas internacionais 
 
 
Un ano máis e despois do parón de 2020 o Comité Galego de Xuíces e Oficiais celebrará unha xornada  de actualización/reciclaxe  para oficiais, antes do  inicio da tempada.  Se ben a situación sanitaria, parece que empeza a dar un pouco de tregua, este ano a xornada celebraremola online, a través da plataforma zoom.
 
De cara ao inicio da tempada 2021, a complexidade para enfrontar con garantías de seguridade técnica e sanitaria  o desenvolvemento das probas de Tríatlon en Galicia,  implica unha  actualización e formación pola nosa parte. Sendo polo tanto  imprescindible revisar e axustar os procedementos e formas de actuar de cara a por en valor o traballo do colectivo no desenvolvemento do noso deporte. Ainda que as  probas  previstas a data de hoxe  son algo menos que as doutras tempadas previas, temos por diante un amplo calendario de competicións autonómica.  nacional e internacional  a celebrar  na comunidade. A formación e actualización do noso colectivo  é fundamental  para poder afrontar  estes campionatos e responder aos mesmos con garantías, calidade e rigor.
 
Esta xornada é aberta, non só para os oficiais que se atopan con licenza na tempada, senon para quen pertenza ou teña pertencido a este colectivo e poida ter interese en actualizar o seu coñecemento ou aportar puntos de vista ao colectivo.
 

Quizáis che interese…