XXXV EDICIÓN DO TRIATLÓN DO MIÑO

22 de Xullo de 2024

O pasado domingo día 7 de xullo celebrouse en Lugo o Tríatlon do Miño, con máis dun cento de participantes.

A proba, organizada pola AD Fefeme Triatlón do Miño e o Cidade de Lugo Fluvial  coa colaboración do Concello de Lugo, é de gran interés para o triatlón galego por outorgar prazas para o Campionato Galego de Triatlón que se celebrará o próximo 24 de agosto en Ferrol.

Todas as categorías participantes realizaron o mesmo percorrido, sobre distancia sprint, percorrendo un total de 750 metros de natación, 20 km no sector de ciclismo e, para rematar, 5 km de carreira a pé.

O día comezaba coa proba masculina, na que a vitoria foi para o actual campión de España júnior, Jarno Pousada, que gañaba na casa. A segunda posición foi para Nacho Gálvez, tamén do Cidade de Lugo, e pechaba o podio Carlos Bautista, do Náutico de Narón.

Unha vez rematada a proba masculina, era o momento da proba feminina, que comezaba ao mediodía. Nesta proba, o podio foi conquistado polas rapazas do Cidade de Lugo. A vitoria foi para Elsa Pena, a segunda posición foi para Lizeth Rueda e a terceira posición foi para Isa Navarro.

 

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

  Actuación financiada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e...