AROA FREIJE, CAMPIOA DE EUROPA CADETE DE PÉNTATLON MODERNO

1 de Agosto de 2014

O 1 de agosto será unha data que non poderá esquecer nunca a galega Aroa Freije.  Este día logrou en San Boi de Llobregat o título de campioa de Europa cadete de Péntatlon Moderno, despois de facer unha proba de combinada espectacular que lle permitiu alcanzar a primeira posición do podio. Ademais, Aroa logrou o primeiro título europeo para o péntatlon moderno español.

IMG-20140801-WA0007Aroa Freije partía na segunda posición trala celebración da natación o xoves. Era un magnífico posto, pero o certo é que as cinco primeiras (coa excepción da primeira, que era unha nadadora) estaban nun pano, polo que se esperaba unha combinada moi dura. Pero a lucense saíu decidida a todo e logrou ser a mellor na proba da combinada (carreira e tiro) cun tempo total 9:22:00, que lle permitiu sumar 568 máis á clasificación xeral e proclamarase campioa de Europa cadete con 877 puntos. Aroa explicou que saíu a 22 segundos da primeira, “pero no primeiro tiro logrei pillala e a partir de aí era manterse por diante. Aínda así, non foi sinxelo, porque por detrás viñan a campioa do mundo (Tognetti) e grandes competidoras, polo que tiven que esforzarme ao máximo para non abandonar ese primeiro posto”.

Na segunda posición, chegou a campioa do mundo xuvenil 2014 e medalla de prata no Europeo 2013, a italiana Aurora Tognetti, que foi a terceira mellor na combinada e acadou a segunda posición na clasificación xeral (869). A medalla de bronce foi para Xeina Fralcova (Rusia).

Aroa aseguraba que “estou nunha nube, non teño palabras” e recordaba que “era un Europeo moi complicado, porque estaban as mellores do mundo. O meu obxectivo era intentar repetir o bronce do pasado ano, ou dar un pasiño máis, pero o título é algo incrible!”.

IMG-20140801-WA0017Pola súa banda, Martín Freije (infantil de primeiro ano) tamén competiu espectacularmente ben na combinada, aínda que o seu obxectivo non era loitar pola clasificación xeral. No Europeo había nenos que son case catro anos maiores, polo que as diferenzas son moi importantes. Martín competía coa intención de facer unha boa marca e iso foi o que fixo. Realizou a combinada nun tempo de 9:32:00, e foi o vixésimo clasificado do seu grupo (formado por 25 deportistas) nesta especialidade.

Quizáis che interese…