AROA FREIJE, PRATA NA PROBA DE RELEVOS MIXTOS DO CAMPIONATO DE EUROPA CADETE DE PÉNTATLON MODERNO

3 de Agosto de 2014

Fin de semana espectacular para Aroa Freije.O venres logrou o título de campioa de Europa cadete de Péntatlon Moderno e hoxe logrou a medalla de prata na proba dos relevos mixtos do Europeo. Unha sorpresa, xa que o equipo español non partía entre os favoritos, pero tanto Aroa coma Marc Troya fixeron unha proba impresionante.

IMG-20140803-WA0011O equipo español estaba formado por Aroa Freije (campioa de Europa cadete 2014) e Marc Troya (que ocupou na 17ª posición no Europeo o venres). Así, en principio, non partían entre os favoritos, aínda que confiaban en facer un bo papel. Así, despois da proba da natación, España ocupaba a terceira posición por detrás de Italia (1º) e Gran Bretaña (2º). Pero na combinada, Aroa logrou remontar unha posición e poñerse segunda e xa non abandonou esta posición ata chegar a meta. Proclamouse campioa de Europa por relevos mixtos Italia, a gran favorita. O equipo italiano estaba formado por Aurora Tognetti (campioa do Mundo xuvenil) e Matteo Cicinelli (campión de Europa cadete 2014), polo que aparecía como gañador en todas as quinielas. Ademais, Gran Bretaña ou Portugal (que logrou o bronce) tamén tiñan moi bo equipo, pero incapaces de frear o ímpeto de Aroa e Marc.

 

 

Quizáis che interese…