O día 20 de outubro, presentación do documental Oldman: o último triatleta, sobre a historia de Manuel Cruces

Fegatri 12/10/2017
O día 20 de outubro, presentación do documental Oldman: o último triatleta, sobre a historia de Manuel Cruces

Coñecedes a Manuel Cruces? Con 73 anos, Cruces é o avó do tríatlon galego e español. A súa familia quixo contar a súa historia de superación a través dun documental, e para iso iniciu unha campaña de crowdfunding para acadar os fondos necesarios para realizalo e agora xa é unha realidade.

Oldman foi un dos triatletas pioneiros en Galicia alá polos anos 80 e a día de hoxe segue sendo un exemplo para os máis novos. No documental participan os dous grandes campións galegos de tríatlon, Iván Raña ( o primeiro en acadar o título mundial) e Javier Gómez Noya (pentacampión do mundo).

O documental presentarase o próximo día 20 de outubro no Teatro Principal de Pontevedra (21:00 horas). Teremos que esperar ata o día 20 para ver o documental, pero hoxe xa podemos gozar co trailer!