O SÁBADO 19 CELEBRARASE EN NIGRÁN O GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS

O SÁBADO 19 CELEBRARASE EN NIGRÁN O GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS

18/05/2018
O SÁBADO 19 CELEBRARASE EN NIGRÁN O GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS

O sábado 19 de maio celebrarase en Nigrán o Campionato Galego de Tríatlon de relevos mixtos, unha modalidade que formará parte do programa olímpico en Tokio 2020. Ademais, tamén se disputará o I Tríatlon de Menores de Nigrán.

Esta competición de relevos mixtos é unha das máis emocionantes no tríatlon, con equipos formados por dous homes e dúas mulleres. Cada un de eles realizará un mini-tríatlon (300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 quilómetros de carreira a pé) antes de dar a quenda ao seu compañeiro de equipo. É sen dúbida unha modalidade moi atractiva para o público, xa que normalmente é moi disputada con distancias moi curtas e explosivas.

Este será o segundo campionato galego de tríatlon por relevos mixtos (o primeiro celebrouse en Viveiro no ano 2016)  e nel participarán once equipos, con Cidade de Lugo Fluvial, Tri-Penta Terras de Lugo ou Arcade Inforhouse, entre eles. A saída terá lugar ás 18:00 horas e tanto a saída, como transicións e meta estarán instaladas en Praia América.

Tríatlon de Menores. Tamén o sábado 19 de maio terá lugar o I Tríatlon de Menores de Nigrán, no que están inscritos un total de 220 triatletas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

A saída benxamín terá lugar ás 14:30 horas coa inscrición de 34 deportistas, que terán que realizar 100 metros en natación, 2 quilómetros de ciclismo e 500 metros de carreira a pe. Na categoría alevín (14:55 horas) hai 75 triatletas inscritos que realizarán 200 metros de natación,4 quilómetros de bicicleta e 1 quilómetro de carreira a pe.

A proba infantil, con 53 participantes, comezará ás 15:35 horas e as distancias serán de 400 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 quilómetros de carreira a pe.

Por último, a categoría cadete (16:25 horas) contará con 58 participantes que farán 750 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2.500 metros de carreira a pe.