PABLO DAPENA, SUBCAMPIÓN DE EUROPA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

PABLO DAPENA, SUBCAMPIÓN DE EUROPA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

23/09/2018
PABLO DAPENA, SUBCAMPIÓN DE EUROPA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) logrou hoxe o subcampionato de Europa de Tríatlon de Longa Distancia en Madrid, no que foi o seu debú na distancia Ironmán.

Foi unha xornada agónica, xa que á dureza das distancia, houbo que sumarlle un circuíto moi esixente (con duros repechos) e unhas altísimas e inusuais temperaturas nestas datas. Así, Pablo recoñeceu ao remate o seu sufrimento e as poucas gañas que tiña -nese intre- de repetir nun Ironmán.

Pablo Dapena saíua da auga en cabeza xunto a Carlos López e con moita distancia sobre os perseguidores. Un trío perseguidor estaba a 5 minutos, mentres que Van Houten saía a máis de 8:30.

No ciclismo comezou a remontada “bestial” do belga Van Houten, que logrou superar aos dous homes de cabeza (Pablo e Carlos) no quilómetros 120, que seguíu lanzado a pola vitoria. Así, na segunda transición o belga era líder destacado, con Dapena na segunda posición a 4:10.

A maratón foi un recital do belga, que parecía pez na auga nesas altísimas temperaturas, mentres que Dapena non encontraba o final, nun segmento que se lle fixo moi longo. Pero a pesar da dificultade e do sufrimento, Pablo Dapena chegou ao final e logrou así o subcampionato de Europa de Tríatlon de Longa distancia, por detrás do belga Van Houten.

(pendente dos  resultados)