PATRICIA ÁLVAREZ E ISMAEL LÓPEZ, GAÑADORES DO TRICASTRELO

PATRICIA ÁLVAREZ E ISMAEL LÓPEZ, GAÑADORES DO TRICASTRELO

08/07/2018
PATRICIA ÁLVAREZ E ISMAEL LÓPEZ, GAÑADORES DO TRICASTRELO

Patricia Álvarez (Lamargha-Beariz Tríatlon) e Ismael López (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe gañadores da primeira edición do Tríatlon Popular Castrelo do Miño, no que participaron máis de cen deportistas.

Na categoría feminina, Patricia Álvarez foi moi superior ás súas rivais e así logrou a vitoria cun tempo final de 2:34:22. A segunda posición foi para María José Velázquez (Tríatlon o Vao) e a terceira para Alba Ederaldo Fernández (licenza dun día).

Na proba masculina, gañou Ismael López, que foi o mellor na natación e na carreira a pe, para chegar a meta cun tempo final de 2:03:43. A segunda posición foi para Ricardo Rey (NoSportLimit), mentres que Antonio González (Lamargha-Beariz) ocupou a terceira posición.

TRICASTRELO 2018