MELINA ALONSO, CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRÍATLON EN DISTANCIA SPRINT

8 de Xullo de 2018

A galega Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) proclamouse hoxe en Banyoles campioa de España de Tríatlon na distancia sprint, nunha fermosa proba que se decidiu na carreira a pe.

As triatletas galegas tiveron un gran protagonismo durante toda a proba. Ao saír da auga, formouse un grupo de nove triatletas entre as que se atopaban Melina Alonso, Sara Guerrero e Carmen Gómez. Así chegaron a segunda transición e na carreira a pe, Melina e Cecilia Santamaría lograron escaparse. Foi unha loita pechada ata o final, na que se impuso a deportista do Tríatlon Ferrol cun tempo de 1:00:32.

Ademais, hai que destacar a presenza de varias deportistas con licenza galega no top 10. Sara Guerrero quedou as beiras do podio, coa cuarta posición (1:01:03)e por detrás Joselyn Brea que fixo unha enorme remontada na carreira a pe, aínda que non lle alcanzou para subir ao podio. Joselyn recuperou máis de un minuto na carreira a pe e logrou o mellor parcial. A súa irmá pequena Edymar foi sétima e Carmen Gómez, décima.

Na categoría masculina, o galego mellor clasificado foi Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial), que rematou na oitava posición cun tempo final de 55:01.

*Resultados provisionais

 

Quizáis che interese…