COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PENTATLON MODERNO- INFORMACIÓN COVID-19 (10/03/2020)

10 de Marzo de 2020

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PENTATLON MODERNO

INFORMACIÓN COVID-19

Ante as últimas informacións acerca da evolución do COVID-19,  a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno está avaliando as medidas preventivas emitidas polo Consello de Ministros celebrado hoxe,  de cara á toma de decisións en relación á celebración das próximas probas e eventos federativos, sen descartar a suspensión ou cancelación inmediata dos mesmos se fose necesario. A este respecto, no día de mañán temos unha xuntanza coa Secretaría Xeral para o Deporte na que se tomarán máis decisións ao respecto.

En breve publicaranse as medidas e decisións que se tomen na nosa web www.fegatri.org

Sentimos as molestias e incertidume que isto poida estar ocasionando que son alleas á nosa vontade.

 

 

Quizáis che interese…