COMUNICADO DA FEGATRI COVID-19- SUSPENSIÓN PROVISIONAL DE EVENTOS FEDERATIVOS (11/03/2020)

COMUNICADO DA FEGATRI COVID-19- SUSPENSIÓN PROVISIONAL DE EVENTOS FEDERATIVOS (11/03/2020)

11/03/2020
COMUNICADO DA FEGATRI COVID-19- SUSPENSIÓN PROVISIONAL DE EVENTOS FEDERATIVOS (11/03/2020)

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PENTATLON MODERNO

SUSPENSIÓN CAUTELAR DA ACTIVIDADE FEDERATIVA NOS PRÓXIMOS 15 DÍAS (COVID-19)

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ven de tomar o acordo de supender como medida cautelar prorrogable todos os eventos e actividades federativas nos próximos 15 días. 

Debido á situación extraordinaria que se está producindo coa evolución do COVID-19 nas últimas horas, correspóndenos axudar a minimizar os riscos na medida do posible e seguindo as recomendacións das distintas administracións públicas e a situación de crise sanitaria na que se atopa a contorna,   ainda sabendo todos os trastornos que pode ocasionar tomar esta decisión, tócanos actuar con responsabilidade.

Ao longo dos próximos días, de acordo cos organizadores e órganos federativos, iremos informando de todas as accións a tomar tanto en relación ás probas desta fin de semana Cpto Galego de Duatlon por Equipos e Final Galega de Nada e Corre coma as das próximas fins de semana e contactaremos cos deportistas e equipos implicados para informarvos de todos os procedementos a seguir.

Sentimos as molestias  que isto poida estar ocasionando  e agardamos saibades comprendelo