224 INSCRITOS NO DUATLÓN DE GUITIRIZ QUE SE CELEBRA O 1 DE MARZO

27 de Febreiro de 2014

O sábado 1 de marzo celebrarase o  VIII Duatlón Concello de Guitiriz, que conta cunha inscrición de 224 deportistas. Esta proba é a segunda do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada.

O Duatlón de Guitiriz, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), ten como punto de saída e de chegada a Praza da Igrexa. A proba feminina comezará ás 17:20 horas, mentres que haberá dúas saídas masculinas (ás 15:30 e ás 17:30 para os deportistas de máis nivel).

Entre os participantes destaca a presenza de Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial), Brais Misa (Atletismo Porriño) ou Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo). Na proba feminina as favoritas son Verónica Montes (Tríatlon Trinity), Marta Barbeiro (A.D. Fogar) ou Silvia Deira (Arcade Inforhouse), entre outras. Neste inicio de tempada é máis complicado falar de favoritos, porque aínda están traballando na súa posta a punto e para algúns dos deportistas esta será a primeira proba que disputen.

O Circuíto Galego de Duatlón de Estrada está formado por catro probas:  O Carballiño, Lugo (9 de marzo) e Vedra (15 de marzo). Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 22 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago de Compostela a finais de marzo (día 30). María Ortega e Nan Oliveras, ambos do Tri-Penta Terras de Lugo, proclamáronse hoxe gañadores do Aviamandu Concello de O Carballiño, primeira proba do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2014. Non estarán en Guitiriz, polo que non poderán repetir triunfo.

Quizáis che interese…