250 DEPORTISTAS PARTICIPAN ESTE DOMINGO NO NADA E CORRE DE CARBALLO

8 de Marzo de 2019

Este domingo 10 de marzo celebrarase o III Nada e Corre de Carballo, no que participarán un total de 250 deportistas das categorías menores. Esta será a terceira proba do programa Nada e Corre 2019, adicado a nenas e nenos nados entre os anos 2001 e 2011, ambos incluídos.

O Nada e Corre de Carballo (clasificatorio zona 1: A Coruña, Carballo, Ferrol e Lugo) disputarase o domingo 10 marzo no Complexo Deportivo Carballo Calero a partir das 09:00 horas (quencemento natación) coa participación de 250 deportistas. O programa Nada e Corre da presente tempada está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Carballo e Ourense) e unha final. A final será en Riveira o día 7 de abril e para a mesma clasificaranse os catro primeiros deportistas por categoría e sexo de cada proba zonal.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, está dedicado ás categorías menores e ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira, aspectos considerados fundamentais nestas idades polos técnicos.

Quizáis che interese…