250 PARTICIPANTES NO VII TRÍATLON CONCELLO DE POIO, QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 8 DE XULLO

6 de Xullo de 2017

O sábado 8 de xullo comezará o Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada 2017 coa disputa do VII Tríatlon Concello de Poio, no que participarán 250 deportistas. Esta proba é clasificatoria para o Campionato Galego.

 A competición comezará ás 15:30 horas coa saída da proba popular, na que os participantes terán que facer 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 1,6 quilómetros de carreira a pe. As probas federadas disputaranse sobre a distancia sprint (750-20-5). A saída, boxes e meta estarán ubicadas no Porto de Campelo.

Ás 17:50 horas darase a saída á proba feminina, na que parten como favoritas as triatletas Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), Cristina Torres (Mar de Vigo), Tania Garabatos (Olímpico de Vedra), Marta Barbeito (Naútico de Narón) ou Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo).

Para a proba masculina haberá dúas saídas: ás 16:30 h comezará a proba B, mentres que ás 18:00 horas será a saída elite masculina. Na categoría masculina hai unha gran participación, na que destacan principalmente os internacionais Ricardo Hernández Marrero (Cidade de Lugo Fluvial) e Antonio Benito (Cidade de Lugo Fluvial). Pero tampouco faltarán os habituais nas probas galegas, coma Ismael López (Tríatlon Vilagarcía), Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio) ou Iago Lorenzo (Tri-Penta Terras de Lugo), entre outros.

Resultados 2016. Camila Alonso e Alberto Castiñeira foron os vencedores da edición do pasado ano do Tríatlon Concello de Poio, no que participaron 230 deportistas.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.