XANTAR FINAL GALEGA NADA E CORRE, PONTEVEDRA 2017

20 de Xaneiro de 2017

Ao igual que en tempadas anteriores a Federación organizará un xantar  coa celebración da Final Galega, o próximo 11 de febreiro, sábado,  en Pontevedra, para todos aqueles que desexen participar.
Ao antedito xantar poderán acceder tanto os deportistas coma os técnicos e acompañantes.

Prezos:
– Os deportistas inscritos +1 técnico de cada club (aborán 3 euros por persoa -a diferenza será aboada pola FEGATRI-)
– O resto de acompañantes aboarán o menú completo,  8 euros por persoa.

Prazo de reserva
da comida: ata o luns 06/02/2016, ás 14:00h.

O abono da comida farase na proba (será indicado alí mesmo o momento de facelo). Aqueles que desexen factura deben indicalo no momento de anotarse para facer a reserva.

En breve enviarase o regulamento cos horarios da proba.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto coa Federación.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.