Convocatoria Campus Adestramento Programa Amazonas FETRI 2026

5 de Novembro de 2026

 CAMPUS ADESTRAMENTO DO PROGRAMA AMAZONAS DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TRÍATLON

Circular Tríatlon e Muller (04/11/2026)

Dirixido a:  Deportistas con licenza na Federación Española de Tríatlon vixente ou temporal.

Datas: Do 4 ao 8 de decembro de 2026 (Por confirmar temporalización)

Lugar de Celebración: Pendiente de confirmar

Obxectivos: Desenvolvemento e promoción do deporte feminino e do tríatlon en idade escolar. Queda polo tanto excluída da convocatoria toda aquela deportista que xa estea incluída nun grupo e/ou programa de tecnificación.

Material: As deportistas acudirán co material de ciclismo, carreira e natación

Criterios e Requisitos:

  • Deportistas infantís e cadetes prioritariamente (1/1)
  • Ter participado nos encontros autonómicos do Programa Amazonas na tempada
  • Non pertencer a ningún grupo e/ou programa de tecnificación
  • Non ter participado e/ou ter sido convocada para ningunha competición internacional e/ou concentración co equipo nacional.
  • Non ter podido participar, con causa xustificada, nos encontros autonómicos do Programa Amazonas anterior
  • A orde de prioridade establecida está basada na oportunidade equitativa para os clubs galegos e que as deportistas poidan aínda dispor para participar en sucesivos programas :

Deportistas Titulares:

  • Carmen Díaz Pérez-  club Triatlón Coruña- Cadete
  • Leire Castro Luque- Triatlón Ferrol- Infantil

Deportistas Suplentes:

Cadetes:

  1. Sofía Isabel Malvárez Sulbarán- Tríatlon Inforhouse Santiago
  2. Daniela Dasilva Conde- AD Náutico de Narón
  3. Adriana Fraga Lorenzo- Independiente Temporal

Infantís:

  1. Antonella Bellón García-AD Náutico de Narón
  2. Cecilia Benasach López- Club Triatlón Ferrol
  3. Iria Pernas Núñez-Triatlón Atlántico

Confirmación ou rexeitamento da convocatoria para titulares e reservas:

-Ata as 20:00 do xoves,  12 de novembro de 2026, enviando o documento de autorización asinado pola persoa responsable da menor, pai/nai/titor-a e indicando a talla de austral, posibles alerxias e outra información que a persoa responsable considere precisa ao enderezo electrónico lideresas-amazonas@fegatri.org

Descargar documento de Autorización

Ver circular

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.