Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) e Ismael Vieitez (Tríatlon Arteixo) proclamáronse hoxe vencedores do I Tríatlon Popular Concello de Redondela.
Na categoría feminina, o triunfo foi para Penélope Martínez, que dominou a proba dende o primeiro segmento e que chegou a meta cun tempo de 1:16:33. A segunda posición foi para Aída García (Olímpico de Vedra) e o terceiro posto para Sara Castillo (Trinorth).
Na proba masculina, vitoria para Ismael Vieitez cun tempo final de 1:03:20, mentres que segundo foi Marcos Vila (Natación Pabellón Ourense) a 21 segundos e terceiro foi José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 01:03:55.
Outros resultados:
Cadete: Blanca Rodríguez (Capa)
Júnior: Antonio Souto (Independente)
Sub 23: Diego Blanco (Mar de Vigo) e Laura Valente (Natación Pabellón Ourense)
Veterán 1: José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) e Aída García (Olímpico de Vedra)