JOSELYN BREA E ANTONIO SERRAT PROCLAMÁRONSE EN PONTEVEDRA CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON 2017

26 de Agosto de 2017

Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe campións galegos de tríatlon, no XVII Tríatlon Cidade de Pontevedra, que este ano reuniu a máis de 440 deportistas entre todas as probas disputadas.

Na proba feminina, Joselyn Brea acadou o triunfo, despois de facer un magnífico último segmento de carreira a pe. Na natación comezou mandando a júnior Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) con Melina Alonso na segunda posición moi preto. E no ciclismo foi Melina a que logrou distanciarse sobre un grupo de catro triatletas (Iria Rodríguez, Joselyn Brea, Camila Alonso e Moira Candela), para chegar á segunda transición na primeira posición en solitario. Pero na carreira a pe, Joselyn foi a máis rápida o que lle permitiu superar a Melina para lograr unha cómoda vitoria, cun tempo final de 1:03:25. A segunda posición foi para Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) cun tempo de 1:04:19, mentres que o bronce foi para a súa irmá Camila Alonso (Tríatlon Ferrol). As tres formaron o podio do Campionato Galego e do Cidade de Pontevedra.

Na proba masculina, que se celebrou a continuación, os principais favoritos moi pronto deixaron clara a súa intención de vencer e dende o inicio estiveron nos primeiros postos. Así, os internacionais Antonio Serrat, Luismi Velásquez e Uxío Abuín formaron un trío de cabeza na bicicleta, tras facer unha natación moi boa. Desta forma os tres chegaron xuntos e destacados á segunda transición.

Na carreira a pe, o vigués fixo un gran parcial para lograr o título de campión galego cun tempo de 54:37, por diante de Uxío Abuín (Olímpico de Vedra) que marcou un tempo de 55:10. Finalmente a terceira posición no Tríatlon Cidade de Pontevedra foi para Antonio Benito (Cidade de Lugo Fluvial), que logrou o mellor parcial deste sector, o que lle permitiu superar a Luismi e incluso apurar a Uxío. Iso si, no Campionato Galego o bronce foi para Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) cun tempo final de  56:23.

Os vencedores do Galego noutras categorías foron:

  • Cadete: Henar Diana Cons (Motobike Galaico Pontevedra) e Víctor Bouzón (Olímpico de Vedra)
  • Júnior: Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) e Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol)
  • Sub 23: Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo)
  • Veterán 1: Aída García (Olímpico de Vedra) e Juan Francisco Fernández Moldes (Club Ciclismo Tríatlon Poio)
  • Veterán 2: Belén Lemat (Cidade de Lugo) e Andrés López (Tríatlon Vilagarcía)
  • Clubs: Cidade de Lugo Fluvial (feminino) e Tri-Penta Terras de Lugo (masculino)

O Galego disputouse sobre a distancia sprint e a saída, transición e meta estarán instaladas na Avenida de Bos Aires (preto da Ponte dos Tirantes). Para poder participar nesta proba as e os participantes tiveron que lograr a clasificación nas diferentes probas que conforman o circuíto galego de tríatlon de estrada.

A programación da xornada incluía un Nada e Corre para as categorías benxamín e alevín (non competitivo), unha proba minisprint e unha popular sobre a distancia sprint, así como unha proba de paratriatlon, como gran novidade. Nesta proba competiu Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) na categoría de deportistas con discapacidade visual xunto a súa guía Mabel Gallardo. Esta proba foi, tanto para Susana coma para o resto de paratriatletas presentes, un importante test cara ao Mundial, que se celebrará en 20 días.

CAMPIONATO GALEGO 2017

TRIPONTEVEDRA 2017

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.