CONVOCATORIA SOLICITUDE ORGANIZACIÓN DE PROBAS 2018

28 de Agosto de 2017

A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

 A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon  Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas para a tempada 2018, co fin de poder  traballar no desenvolvemento do calendario , que aprobará a Asemblea Xeral, para a próxima tempada.
Este adianto na convocatoria de solicitude de probas para confeccionar o calendario, ven dado pola comunicación da Dirección General de Tráfico (DGT) sobre o procedemento de solicitude de permisos á DGT para os eventos do 2018.

O calendario que pasemos a primeiros de outubro, dende a FEGATRI, terá prioridade sobre outro tipo de eventos.

A comunicación non é vinculante, todos os organizadores terán que solicitar os seus propios permisos dentro dos prazos establecidos. A FEGATRI só fará unha comunicación de probas oficiais  ás que se lles dará preferencia sobre calquera outra solicitada.

Documento información da DGT:
INFODGT-CALENDARIO DEPORTES

Recepción de solicitudesata o 30 de Setembro de 2017.

A solicitude deberá vir acompañada dun proxecto que debe contar cos aspectos básicos que se detallan a continuación para poder avaliala.
Somos conscientes de que se traballa a longo prazo e polo tanto farémolo con previsións que despois se concretarán cos delegados e delegadas técnicos das probas, e que en moitos casos poden sufrir tamén variacións por cuestións de permisos, financiamento ou outras realidades, pero  é importante ter unha descrición previa de todos estes puntos.

DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN  DE PROBAS
Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase en word)

FICHA/FORMULARIO CALENDARIO

*Probas con antecedente (solicitarase despois o proxecto).

Datos:

– Nome da proba

– Tipo -(Circuíto/Cpto Autonómico/Popular).
– Dúas datas posibles e localización.
– Organizador, datos e persoa de contacto.
– Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).
– Ficha de tráfico cuberta.
– Distancias
– Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.

 

*Probas que se organicen por primeira vez engadirán o proxecto engadindo ademais os seguintes datos:
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2017 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).
– Dirección Executiva e Dirección de carreira
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída,transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe
– Premios
– Categorías
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de  carreira
– Avituallamentos.
– Voluntariado

Quizáis che interese…