CONVOCATORIA CURSO ADESTRADOR DEPORTIVO DE TRÍATLON NIVEL 1
DATAS:
Bloque Específico:
Do 10/11/2017 ao 2/12/2017 Presencial (fins de semana)/ CGTD Pontevedra
Exame.- 2/12/2017
Bloque Común:
Do 15/01/2018 ao 23/02/2018
Exame: 23/02/2018 Centro SAFE Ourense
A distancia/ Exame presencial
Prácticas:
Data entrega fin proxecto.- 15/09/2018.
A desenvolver nun centro autorizado pola FEGATRI (club, escola recoñecida, CGTD…).
PRAZAS OFERTADAS: 25 Totais
(* 12 prazas reservadas para os alumnos que superaron o bloque común do curso
FEGATRI 2016/2017).
CUSTE: 500 €
1º prazo(ata o 30/10/2017).- 230€
2º prazo (ata o 30/12/2017).- 270€*
* (Os alumnos que superaron o bloque común do curso FEGATRI 2016/2017
só aboarán 230 € correspondentes ao 1º prazo).
REQUISITOS DE ACCESO
1.- Requisitos xerais:
– Ter como mínimo 16 anos cumpridos.
– Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulación equivalente a efectos de acceso de acordo co establecido na disposición adicional duodécima do Real Decreto 1363/2007, de 24 de outubro.
Titulacións equivalentes ao Graduado en Educación Secundaria (ESO):
a. Título de Técnico/a auxiliar.
b. Título de Técnico/a.
c. Superación do segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP) ou, no seu defecto, acreditar ter un máximo de dúas materias pendientes no conxunto dos dous primeiros cursos e Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
d. Titulo de Bacharelato Superior.
e. Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma do ensino medio.
f. Ter superado o terceiro curso do plan 1963 ou do segundo curso de comúns experimental das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
g. Título de Oficialía Industrial.
h. Ter superado outros estudos que declarados equivalentes, a efectos académicos, con algún dos anteriores.
i. Todos os títulos e situacións que se detallan equivalentes ao Bacharelato.
j. Será posible acceder ás ensinanzas sen cumprir os requisitos de titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria establecido, sempre que o aspirante supere ou reúna os outros requisitos de acceso que se establezan de conformidade co sinalado no artigo 11 da Orde ECD /158/2014, de 5 de febreiro, e ademais reúna as condicións de idade e supere a proba de madurez establecida no artigo 31 do “Real Decreto 1363/2007, de 24 de outubro”.
2.- Requisitos Específicos:
– Ter rematado unha proba oficial de tríatlon organizada pola Federación Española de Tríatlon ou unha Federación Autonómica de Tríatlon, con non máis de 18 meses de antelación á xuntanza do Tribunal de avaliación (4/11/2017). Mínima distancia de cada segmento da proba: 150 m. natación, 4 km. bicicleta, 1 km. carreira a pé. Acreditación mediante certificación federativa (non son válidas clasificacións, resultados de competicións, diplomas, etc.).
Quen acredite a condición de Deportista de Alto Nivel ou Deportista de Alto Rendemento que establece o Real Decreto 971/2007, de 13 de xullo, sobre Deportistas de Alto Nivel e Alto Rendemento, estarán exentos de cumprir os requisitos de carácter específico para ter acceso ao curso.
A persoa interesada deberá acreditar, previamente á data de reunión do tribunal, estar en posesión da antedita condición a través da correspondente certificación do CSD ou órgano autonómico competente (non é válida a resolución do B.O.E. ou boletín autonómico).
INSCRICIÓNS.-
Ata o 30 de outubro de 2017
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
Enviar por correo electrónico a fegatri@hotmail.com
– Formulario de solicitude cuberto (SOLICITUDE CURSO ADESTRADOR TRÍATLON NIVEL I)
– Autorización do pai/nai/titor no caso de ser menor de idade
– Copia do DNI en vigor
– Copia da acreditación dos estudos
– Copia da certificación dos requisitos específicos
– (Certificación orixinal asinada e selada pola Federación correspondente)
– Copia do pagamento do 1º prazo de matrícula
Nº de conta para o ingreso:
Federación Galega de P.M. e Tríatlon
Banco Sabadell ES37 0081 5223 16 0001338040
A matrícula formalízase coa entrega da documentación orixinal ou compulsada o día de inicio do curso, por duplicado.
BAIXA E DEVOLUCIÓN DE INSCRICIÓNS
Unha vez finalizado o prazo de inscrición non haberá devolucións.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DOS ASPIRANTES
Por rigorosa orde de inscrición coa documentación completa.
INFORMACIÓN
Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
Rúa Castelao, 21, Ent. 2.- Lugo
fegatri@hotmail.com Tlf. 982251345