MARÍA JESÚS COYA E LUISMI VELÁSQUEZ, GAÑADORES DO II TRÍATLON BOAMORTE DE SANXENXO

1 de Outubro de 2017

María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe vencedores do II Tríatlon Boamorte de Sanxenxo, última proba do calendario da presente tempada da Federación Galega de Tríatlon.

 Na categoría feminina, María Jesús Coya estivo sempre moi ben colocada para na carreira a pe confirmar a súa vitoria cunha enorme superioridade, facendo un terceiro segmento espectacular. desta forma o triunfo foi para Coya (2:19:18), con Aída García (Olímpico de Vedra) na segunda posición cun tempo de 2:25:57 e Luisa Ibáñez (Tríatlon Muralla de Lugo) no terceiro posto.

Na proba masculina, triunfo para un dos favoritos, Luismi Velásquez, que tamén foi controlando a proba dende o inicio para terminar sendo o mellor no segmento da carreira a pe. Velásquez venceu cun tempo final de 1:51:47, mentres que segundo foi Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) que tivo que remontar por unha bastante frouxa natación. O terceiro posto foi para Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) cun tempo de 1:55:55.

No documento adxunto tedes todas as clasificacións.

triboamorte 2017

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.