IVÁN RAÑA DISPUTARÁ O SÁBADO O CAMPIONATO DO MUNDO DE IRONMAN EN KONA

13 de Outubro de 2017

O galego Iván Raña, na categoría PRO, disputará o sábado 14 de outubro o Campionato do Mundo de Ironman en Kona (Hawai) co obxectivo de loitar polos primeiros postos.

Iván Raña xa leva varias tempadas na longa distancia. A súa mellor participación en Hawai foi a de 2013, na que acadou unha magnífica sexta posición, tras lograr o mellor tempo na maratón de todos os participantes. Nas súas seguintes participacións non se atopou ao nivel que el quería. O pasado ano rematou na novena posición. O principal favorito para o Mundial de este ano é o alemán Jan Frodeno, que busca a súa terceira vitoria consecutiva. Ademais tamén loitarán polo podio Hoffman, Sanders, Boecherer ou Frederik  Van Lierde, sen descartar ao noso Raña.

As distancias do Ironman son de 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e 42,2 quilómetros de carreira a pe e na proba de Hawai participarán 2.400 deportistas. Coma sempre a calor será un dos protagonistas da proba.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.