UXÍO ABUÍN, CAMILA ALONSO E MELINA ALONSO, ANTE UNHA NOVA CITA INTERNACIONAL

3 de Novembro de 2017

Xa estamos no tramo final da tempada e son moitos os e as deportistas que xa están finalizando o tramo de vacacións. Pero hai algúns que alargaron moito a tempada, coma Uxío Abuín, que esta fin de semana disputa a última proba da Copa do Mundo en Miyazaki (Xapón) e as irmás Alonso (Camila e Melina), que participarán na Copa de África de Agadir.

Uxío Abuín enfronta o sábado 4 a última proba da súa excepcional tempada antes de comezar o descanso e farao en Xapón, onde venceu o pasado ano. Esta proba disputarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e os principais rivais son, en principio, Vicente Hernández, Andreas Schilling, Aurelien Raphael e Simón Viain.

Pola súa banda, Camila e Melina Alonso competirán o sábado 4 na Copa de África de Agadir, tamén sobre a distancia olímpica. Ademais, neste caso, Camila defende o título do 2016, e Melina, a prata.

Camila finalizará a tempada o próximo día 12 de setembro en Santo Domingo, e iniciará unhas vacacións máis que merecidas.

Quizáis che interese…