MARCOS MAYO E SILVIA DEIRA, VENCEDORES DO DÚATLON CROSS DE BEARIZ

20 de Xaneiro de 2018

Comezou a tempada e xa temos aos primeiros gañadores. Marcos Mayo (Tríatlon O Treito) e Silvia Deira (Olímpico de Vedra) proclamáronse hoxe vencedores do Dúatlon Cross de Beariz, primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon Cross.

Na categoría masculina houbo unha apertada loita na cabeza que finalizou coa vitoria de Marcos Mayo (Tríatlon o Treito) cun tempo de 1:44:55. A segunda posición foi para David Calzas (Tríatlon Costa da Morte), mentres que o terceiro foi Alejandro Paleo (licenza dun día). Ademais, na clasificación júnior logrou a primeira posición Hugo Varela (NoSportLimit), mentres que Manuel Golmar (licenza dun día) foi o  máis rápido dos Veterán 1. Na clasificación de clubs masculino, venceu o Tríatlon Costa da Morte.

Na categoría feminina logrou o triunfo a veterana Silvia Deira (2:25:42), mentres que segunda foi María José Martínez (licenza dun día) e terceira, Belen Lemat (Cidade de Lugo Fluvial).Silvia gañou tanto na categoría absoluta coma en veterana 1.

No documento adxunto, tedes as clasificacións.

DUCROSS BEARIZ 2018 – CLAS

 

Quizáis che interese…