Silvia Deira (Olímpico de Vedra) e Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe campións galegos de Dúatlon Cross 2018, no XII Dúatlon Cross Concello de Poio, que se celebrou hoxe. Na proba feminina, venceu a deportista María José Martínez (licenza dun día), que non pode proclamarase campioa galega por non ter licenza coa federación.
Na categoría feminina gañou a proba María José Martínez, que non tiña opcións de loitar polo título galego, xa que non ten licenza coa Federación Galega de Tríatlon. No primeiro segmento mandou de forma clara Nuría Álvarez (Tríatlon o Vao), pero tivo que retirarse na bicicleta, onde Martínez foi tremendamente superior. María José cimentou a súa vitoria na bicicleta, aínda que no terceiro sector tamén foi a máis rápida. Desta forma, o triunfo na proba foi para María José Martínez (2:26:41), mentres que segunda clasificada e campioa galega, foi Silvia Deira (Olímpico de Vedra). A terceira posición (e segunda galega) foi ocupada por Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial) e o bronce no galego foi para Lorena García (Mar de Vigo).
Na categoría masculina, control absoluto dende o primeiro segmento de Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial), quen foi o máis rápido nos tres sectores e chegou a meta cun tempo final de 1:36:47. A segunda posición foi para Marcos Mayo (Tríatlon o Treito) cun tempo de 1:39:34, mentres que terceiro foi David Calzas, do Tríatlon Costa da Morte, (1:40:01).
Os campións galegos noutras categorías foron:
- Veterán 1: Silvia Deira (Olímpico de Vedra) e Fabián Ubeira (Asociación Deportiva CAR)
- Clubs: Tríatlon Costa da Moste (masculino)
Este ano, de estrea de circuíto, as e os participantes tiveron que correr 6 quilómetros, facer 21 quilómetros en bicicleta de montaña e remataron con 3 quilómetros a pe.
Ao remate da proba houbo pizza e chourizada para todas e todos, para pechar a xornada deportiva dunha forma lúdica.