MÁIS DE 300 PARTICIPANTES NO IV TRÍATLON DE MENORES DE SADA

8 de Xuño de 2018

O domingo 10 de xuño celebrarase o IV Tríatlon de Menores de Sada coa participación de máis de 300 triatletas  das categorías benxamín, infantil, alevín e cadete. Ademais, o sábado 9, terá lugar o III Tríatlon Solidario Concello de Negreira.

 Tríatlon de Menores de Sada. O domingo, a partir das 10:00 horas, celebrarase o IV Tríatlon de Menores de Sada, no que están inscritos máis de 300 participantes. As distancias serán diferentes segundo a categoría. Así, os cadetes terán que facer 750 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe. Pola súa banda os infantís realizarán 400 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 de carreira a pe; mentres que en alevín as distancias serán de 200 metros de natación, 4 quilómetros de bicicleta e 1 quilómetro de carreira a pe. Para os máis pequenos, menores distancias: Benxamín (100 – 2 – 0,6). A saída, transición e meta estarán situadas na Praza Suárez Picallo.

Concello de Negreira. O sábado 9 (a partir das 17:30 horas) disputarase o III Tríatlon Solidario Concello de Negreira, que contará cunha proba individual e outra de relevos.

A proba individual comezará ás 17:30 horas cunha inscrición de máis de 100 deportistas. As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de carreira a pe y 5 de carreira a pe. A proba de relevos dará comezo ás  17:38 horas e contará con 32 equipos de tres integrantes cada un. Cada deportista realizará un segmento da proba. A saída estará instalada na Ponte de Ons (Brión); a segunda transición, no Campo da Feira e a meta, na Praza Cotón.

Por terceiro ano consecutivo, o tríatlon de Negreira é unha proba solidaria. Nesta ocasión, a favor da Obra Social Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. De cada inscrición serán doados 5€ á Obra Social Pediatría para a obtención de recursos cos que desenvolver proxectos para investigación en pediatría, actividades educativas hospitalarias, rehabilitación integral dos nenos e as súas familias, promoción e difusión da educación para a saúde e innovación na asistencia.

2017. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Fady Hout (Natación Liceo) foron os vencedores do Tríatlon Popular Concello de Negreira do pasado ano. En relevos masculino venceu o Atletismo Porriño, mentres que en mixtos o gañador foi o Tríatlon Vao A.

 

Quizáis che interese…