Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Diego Martín (Tríatlon Santander) proclamáronse o sábado 9 gañadores do III Tríatlon Solidario Concello de Negreira, nun día no que a choiva foi un dos protagonistas principais.
Na carreira feminina venceu Carla Castaño, que fixo unha proba moi regular, cun tempo final de 1:11:47. A segunda posición foi para a súa compañeira de club, Esther Rodríguez (1:13:42) e o bronce foi para Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 1:15:53.
Na categoría masculina, o triunfo foi para Diego Martín (Tríatlon Santander) que tamén controlou a proba dende o inicio., sendo o mellor no ciclismo e na carreira a pe, para chegar a meta cun tempo de 1:02:13. A segunda posición foi para Nicolás Domínguez (Disa HPS Tríatlon) a un minuto e medio e terceiro foi César Montes (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 1:04:49.
En relevos triunfo para o AD Mediaducia (feminino), Tríatlon Compostela (masculino) e Arcade Vermut mix (mixto).
No documento adxunto, tedes todas as clasificacións.