DISCRETAS ACTUACIÓNS DOS GALEGOS NA SERIE MUNDIAL DE HAMBURGO

14 de Xullo de 2018

Hoxe celebrouse a Serie Mundial de Hamburgo con discretas actuacións dos triatletas galegos. Fernando Alarza (deportista con licenza galega do grupo de Alto Rendemento do CGTD) volvía á competición despois de dous meses parado por lesión, e acadou a 15ª posición. Pola súa banda, Uxío Abuín foi 42º, nunha proba na que o mallorquino Mario Mola logrou a vitoria cunha espectacular remontada na carreira a pe.

Fernando, que regresaba despois de dous meses, notou a falta de ritmo, pero estivo sempre no grupo principal da bicicleta e competiu na carreira a pe ata o final, para acadar esa boa 15ª posición. 

Ademais, hai que destacar que finalmente Antonio Serrat non puido competir por esa lesión na tibia. Foi examinado polo  médico da proba e este decidiu finalmente que non competirá porque aínda ten puntos e se pode volver a abrir a ferida.

Na proba feminina, Camila Alonso non puido rematar a proba.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.