MARÍA LOIS E DENIS INCUTTI, VENCEDORES DO IV VERTIATLON SOLIDARIO DE BAIONA

15 de Setembro de 2018

Os júnior María Lois (Arcade Inforhouse) e Denis Incutti (Natación Riveira) proclamáronse hoxe vencedores da cuarta edición do Vertiatlón solidario de Baiona, unha competición deportiva e benéfica que ten como obxectivo recadar fondos para impulsar a vela adaptada para persoas con diversidade funcional. Na competición participaron un total de 200 deportistas, nunha tarde soleada e aínda veraniega.

Na categoría feminina o triunfo foi moi rifado entre María Lois e Antía Pazos (Mar de Vigo), que disputaron a proba sempre en cabeza, ata que se decidiu a falta de poucos metros para o final, a favor de Lois cun tempo de 1:12:09. A segunda posición foi para Antía Pazos (1:12:11) e o terceiro posto para María Casaleiro (licenza dun día) a máis de 3:30.

Na proba masculina, Denis Incutti foi o máis regular ao estar sempre situado nos primeiros postos nos tres segmentos. Desta forma, chegou a meta na primeira posición cun tempo de 59:07. A segunda posición foi para o cadete Xoel Rodríguez (Mar de Vigo) cun tempo de 1:00:30 e o terceiro posto para Pedro Pablo Bernárdez (Tríatlon Vilagarcía) a só cinco segundos.

No documento adxunto tedes as clasificacións.

triverti 2018

Quizáis che interese…