GRAN ACTUACIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LASER-RUN CELEBRADO EN OVIEDO

15 de Setembro de 2018

Gran actuación das e dos deportistas galegos no Campionato de España de Laser-Run 2018, que se celebrou hoxe en Oviedo. En total, a selección galega sumou 19 medallas (7 ouros, 6 pratas e 6 bronces).

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno desprazou a Oviedo a unha selección formada por 21 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, júnior, absoluta e veterán.

aroaAroa Freije, que volve a adestrar en Galicia (entre Lugo e Coruña),  logrou a medalla de ouro nas categorías júnior e absoluta, polo que fixo dobrete no Campionato de España de Laser-Run, modalidade na que se combina carreira e tiro. Ademais, a segunda posición foi para Andrea Vidal, que logrou proclamarase campioa de España na súa categoría (xuvenil) e ademais sumar a medalla de prata na categoría absoluta. Por último sinalar que Yolanda Rodríguez logrou a medalla de prata na categoría júnior feminina. Hai que recordar que estas tres categorías saen xuntas a competir.

No resto de categorías houbo moitas medallas galegas. En prebenxamín feminina, ouro para Talia Oyono e bronce para Lucía Méndez. En benxamín continuaron os éxitos das e dos nosos rapaces, con ouro para Mireia Vázquez e bronce para Mireia Vila, na categoría feminina e prata para Pablo Rego e bronce para Héctor López, na masculina.

En alevín, Mencía Rego logrou a medalla de prata, mentres que Manuel Cobas foi bronce.

Na categoría infantil, dominio absoluto galego, tanto na categoría masculina coma feminina. Óscar López e Claudia Gámez proclamáronse campións de España de Laser-Run, mentres que Mercé Vila e Iván Rego acadaron a medalla de prata.

Por último sinalar que na categoría de veteráns houbo dous bronces galegos para  Gerardo Vázquez (masculino) e María Jesús Dobarro (feminina).

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...