ANTONIO SERRAT, NOVENO NO MUNDIAL XÚNIOR DE TRÍATLON

12 de Setembro de 2013

O vigués Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo) rematou no “top ten” no Mundial xúnior de tríatlon, que se celebrou hoxe en Londres. Serrat ocupou a novena posición a 36 segundos do campión do mundo Dorian Coninx.

Coma xa é habitual Nel, o galego sufriu bastante no segmento de natación, o máis frouxo, e despois tivo que facer unha importante remontada. Na bicicleta xa rendeu a un magnífico nivel e logrou colocarse no grupo principal a poucos segundos da cabeza de carreira. E no último segmento, a carreira a pe, foi remontando posicións pouco a pouco. Chegou a estar no sétimo posto ao final da segunda volta e  finalmente chegou a meta nun espectacular noveno posto, sendo o primeiro español.

 

Quizáis che interese…