O DOMINGO 15 DE SETEMBRO CELEBRARASE O “DESAFÍO ILLAS CÍES”

13 de Setembro de 2013

O domingo 15 de setembro (a partir das 08:00 horas) celebrarase a primeira edición do “Desafío Illas Cíes”, unha proba de longa distancia, que contará coa participación de cincocentos deportistas.

Será, sen dúbida algunha, unha proba moi dura, xa que os participantes terán que realizar 1.900 metros de natación, con saída dende a praia do Vao. Posteriormente realizarán 90 quilómetros de bicicleta (ata A Ramallosa) e finalizarán con 21 quilómetros de carreira a pe.

Esta é a segunda proba de longa distancia que se celebra en Galicia, despois do Aviamán, que xa vai pola súa terceira edición e que dende hai dous anos é tamén o Campionato Galego de Longa Distancia.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.