RAUL BLANCO, 38º NO EUROPEO YOUTH DE PÉNTATLON MODERNO

20 de Setembro de 2013

Frouxa actuación a de Rául Blanco no Europeo Youth de Péntatlon Moderno, que se está a celebrar en Caldas da Raínha (moi preto de Lisboa, Portugal). O galego finalizou a súa actuación na 38ª posición, despois de facer unha boa natación, pero moi discreto na esgrima e na proba combinada. Os outros dous membros do equipo español quedaron en mellores posicións pero moi lonxe dos primeiros postos:  Joan Gispert foi vixésimo, mentres que Luis Shivell foi trixésimo.

O campión de Europa Youth foi o ruso Danila Glavatskikh, mentres que segundo foi Gianluca Micozzi  (Italia) e terceiro Aleksander Lifanov (Rusia). Para os Xogos da Xuventude se clasifican os dous primeiros e o cuarto (Sorna Tomaschof – Hungría), porque non pode haber dous clasificados da mesma nacionalidade.

Mañá será o momento das mulleres e haberá que estar moi atentos a actuación de Aroa Freije.

Quizáis che interese…