JAVIER GÓMEZ NOYA GAÑA O TRÍATLON INTERNACIONAL DE PEKÍN

21 de Setembro de 2013

O galego Javi Gómez Noya continúa imparable. A semana pasada logrou o seu terceiro título de campión do mundo nun inesquecible sprint final con Jonathan  e hoxe logrou a victoria no Tríatlon Internacional de Pekín.

Fronte a uns rivais entre os que se encontraban tanto especialistas no formato sen pelotón no ciclismo como outros habituais das Series Mundiais, Gómez Noya sentenciou na fase a pe, tras rematar o ciclismo en segunda posición, superado polo australiano Greg Bennett. Nos 10 quilómetros a pé non tardou en poñerse líder e aínda que non facía falta marcou o mellor parcial, avantaxando a Bennet en máis de minuto e medio e ao terceiro, o estadounidense Fleischmann.

Regreso. O galego regresará mañá domingo a Galicia (23:45 horas, aeroporto de Peinador), na que será a primeira visita á súa casa despois de gañar o título mundial en Londres.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.