AÍDA VALIÑO, PRATA NA SEGUNDA PROBA DO CIRCUÍTO WTP PROMASTER

2 de Xuño de 2013

Espectacular a tempada que está a desenvolver a galega Aída Valiño. Onte na segunda proba do circuíto WTP Promaster, que se celebrou en Madrid, foi segunda por detrás da súa compañeira de club Ricarda Lisk.

A galega saíu da auga na segunda posición  por detrás de Sara Pérez, nadadora olímpica que sempre marca as distancias neste segmento. Pero despois foi Aída a que se escapou, no sector de bicicleta, no que cada día está máis cómoda. Marchou en solitario e chegou a T2 con 53 segundos de distancia sobre Ricarda, que foi a terceira en saír da auga. E xa na carreira a pe a alemá foi recortando distancia pouco a pouco a Aída, que rematou moi cansa, e logrou superala e plantarse na primeira posición en meta. Aída foi prata e Sara Pérez, terceira

Quizáis che interese…