LoChallenge Mogán Gran Canaria
Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de media distancia no Challenge Mogán Gran Canaria. Aproveitamos para preguntar a Pablo Dapena a súas impresións para mañá.
Despóis da súa victoria no Dúatlon de Poio a semana pasada, chega a esta proba onde volve a medir a súas forzas cos millores triatletas da media distancia do continente.
En canto o outro galego participante no Challenge Mogán Gran Canaria, Iván Raña, habrá que esperar á carreira a ver como recuperou as súas forzas despóis do octavo posto conseguido no Ironman 70.3 de Florida a semana pasada, pero como sempre, estará super motivado para afrontar esta proba nas millores condicións.
LISTA DE PARTICIPANTES
1. Pieter HEEMERYCK
2. Pablo DAPENA
3. Jan FRODENO
4. Giulio MOLINARI
5. Patrick LANGE
6. Ivan RAÑA
7. Adriano ENGELHARDT
8. Alberto MORENO
9. Alberto CASILLAS
10. Alexandre VICTOR
Na proba feminina participa a catalana Sara Pérez do Cidade de Lugo Fluvial, que chega nun excelente estado de forma.
LISTA DE PARTICIPANTES
51. Nicola SPIRIG
52. Lisa NORDEN
53. Anna Lena BEST
55. Diede DIEDERIKS
57. Judith CORACHAN
58. Justine MATHIEUS
59. Katrina MATTHEWS
60. Lena GOTTWALD
61. Maja STAGE NIELSEN
65. Sara PEREZ
¿Onde vela en directo?
A proba comenzará ás 08:00 (09:00 en España) horas do sábado 24 de abril coa saída masculina para seguir coa saída feminina. Lamentablemente non se podrá ver a través de Streaming como outras probas, pero si se podrá seguir a proba a través do Track de Challenge Family na web https://www.challenge-family.com/now/ e na páxina de Facebook do evento.