III Dúatlon “Movéndonos por Poio”

podio masculino duatlon movendonos por poio

19 de Abril de 2021

Dúatlon “Movéndonos por Poio” Concello de Poio

Onte domingo celebrouse en Poio a Terceira Edición do Dúatlon de estrada “Movéndonos por Poio”, organizado polo Triatlon Poio e o Excmo Concello de Poio.

Cumprindo as medidas de protocolo Covid19 da Federación de Triatlon, a carreira en distancia Sprint, realizouse seguindo todas as pautas necesarias para que o evento fora todo un éxito, cumprindo todas as medidas sanitarias establecidas. Contrareloxo individual con saídas por parexas.

Un boa participación en todas as categorías para conseguir praza para o Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon de Estrada que se celebrará en Boiro o próximo 1 de Maio.

A victoria en categoría feminina foi para Aída Valiño que mostrou unha excelente forma física para acadar a victoria por diante de Andrea Iglesias do Tripenta Terras de Lugo e Tina Marie Fernández do Artrogal.

podio feminino Duatlon Movendonos por Poio

En categoría masculina, a victoria foi para un gran Pablo Dapena, por diante de Antonio Benito do Cidade de Lugo Fluvial e Cristobal Dios do Tripenta.

podio masculino duatlon movendonos por poio

 

CLASIFICACIÓNS OFICIAIS DÚATLON MOVÉNDONOS POR POIO

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.