O sábado 15 de febreiro (10:00 horas) celebrarase en Pontevedra a segunda proba do programa “Nada e Corre” 2014, unha iniciativa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos. Nesta proba hai inscritos preto de cen nenos e nenas das zonas de Ourense-Pontevedra-Riveira-Santiago-Vigo.
A proba de Pontevedra celebrarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e as distancias dependerán das categorías:
- Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
- Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
- Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
- Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.
Este programa, que comezou no 2012, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira, xa que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos. Así o programa “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Vilalba, Pontevedra, Narón e Vigo) e unha final. A final terá lugar o día 9 de marzo en Riveira e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo.