A localidade galega de Noia acolleu esta tarde a presentación oficial dos próximos Campionatos de España de Duatlón Contra Reloxo por Equipos e Relevos. Ao acto asistiron entre outros, o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero; a concelleira de Deportes, Mary Domínguez; o presidente da Federación Española de Triatlón (FETRI), José Hidalgo; o presidente da Federación Galega Francisco Villanueva e o director de Competicións da FETRI, Jorge García.
As competicións terán lugar na cidade coruñesa os próximos 22 e 23 de marzo. O sábado disputarase o Campionato de España de Duatlón Contra O Reloxo por Equipos por un circuíto que na proba elite estará composto por catro voltas de 1,25 km cada unha, seguido de 20,7 km ciclistas, para rematar con 2,5 km de carreira a pé polas inmediacións do municipio. A cita contará coa participación dun total de 86 equipos masculinos e 35 femininos, divididos entre as categorías elite, escolar e open. Mentres que o Campionato de España de Duatlón por Relevos verá en acción a un total de 73 equipos masculinos e a 35 femininos entre todas as categorías e en elite se desenvolverá por un primeiro segmento de carreira a pé de 2 km de carreira a pé, 6,9 km sobre a bici, para concluír con 1 km de carreira a pé.
Todo iso por un magnífico escenario arredor das rúas de Noia, unha localidade que se envorcou coa celebración destes dous grandes eventos do calendario de competiciones FETRI 2014.