Un novo atropelo dun deportista na estrada volve a golpear á familia do tríatlon. Hoxe morreu atropelada en Toledo a triatleta Cecilia Rodríguez e dende a Federación Galega de Tríatlon queremos facer chegar o noso máis sentido pésame á súa familia e amigos, e nos sumamos á súa dor nestes complicados momentos.
A Federación Galega de Tríatlon comezou o pasado ano a campaña “Non máis ciclistas mortos nas estradas” e esta campaña segue viva para concienciar aos condutores da necesidade de respetar a distancia de seguridade cos ciclistas. Entre todos e todas temos que lograr evitar estas inxustas mortes.