ANTONIO SERRAT, PRATA NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA JÚNIOR

13 de Abril de 2014

O vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou hoxe a medalla de prata na Copa de Europa de Quarteira júnior (Portugal). Ademais, hai que destacar a actuación de Carmen Gómez (sexta), Inés Santiago (sétima) e Andrés Cendán (noveno), todos eles no top-ten da proba. Esta Copa de Europa é puntuabel para os Xogos da Xuventude, que se celebrarán este ano no mes de agosto en China.

Na categoría masculina os galegos foron protagonistas dende o inicio. Andrés Cendán (Dexter Compostela) logrou meterse no grupo de cabeza na bicicleta xunto ao campión de España cadete de duatlón, Alberto González. Ata que na segunda volta foron cazados polo grupo perseguidor, no que se atopaban Antonio Serrat e Roberto Sánchez Mantecón. Desta forma, enfrontaron a carreira a pe un grupo de cinco deportistas que estiveron xuntos ata que a falta de 500 metros, o francés Maxime Hueber-Moosbrugger atacou e só Serrat foi quen de seguilo, pero non de superalo. Desta forma, na liña de meta, Hueber-Moosbrugger foi o primeiro, co vigués Serrat a escasos metros e terceiro clasificado, Roberto Sánchez Mantecón. Ademais, hai que destacar a novena posición do galego Andrés Cendán, que é cadete polo que o resultado aínda ten máis mérito xa que se enfrontaba a xente de máis idade.
Na categoría feminina, a proba quedou case decidida dende a natación. Na auga formouse un grupo de oito deportistas no que figuraban tres españolas, das cales dúas eran galegas (Cecilia Santamaría e as galegas Inés Santiago e Carmen Gómez) e saíron da transición con máis dun minuto de distancia sobre o resto. Así, entre as oito escapadas estaba o triunfo e todo se decidiu na carreira a pe. As galegas non puideron loitar pola vitoria, pero si entraron no top-ten e sumaron importantes puntos para o ránking. Carmen Gómez foi sexta clasificada, mentres que Inés Santiago foi a sétima. O triunfo foi para a francesa Cassandre Breaugrand, mentres que segunda foi Audrey Marle (Francia) e bronce, Laura Lindemann (Alemaña). A española Cecilia Santamaría ocupou a cuarta posición.
*Aínda non hai resultados oficiais

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...