DÚAS CONCENTRACIÓNS EN SEMANA SANTA PARA OS NOSOS DEPORTISTAS

14 de Abril de 2014

A Federación Galega de Tríatlon celebra en Semana Santa, aproveitando as vacacións, dúas concentracións para as e os nosos deportistas.

Hoxe comezou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) unha concentración para 25 deportistas galegos e de Castela e León, que estarán ás ordes de Jonathan Cancela (técnico de tríatlon no CGTD), Rubén de la Fuente (seleccionador de Castela e León) e Jaime Ruíz (adestrador do Tríatlon Ferrol). Os deportistas estarán concentrados ata o xoves en Pontevedra e ademais de adestrar, terán un completo programa de actividades lúdicas para os rapaces. Esta actividade é realizada de forma conxunta pola Federación Galega de Tríatlon e a de Castela e León. Esta será a primeira fase da concentración, xa que no verán serán as e os deportistas galegos os que se desprazarán a Valladolid para traballar.

Ademais, hoxe viaxaron a Melgaço (Portugal), onde permanecerá ata o xoves, un grupo de triatletas das categorías alevín e infantil acompañados polos técnicos Alba Cuba, Lorena García e Luis Piña para realizar unha concentración. Os obxectivos principais desta actividade son o fomento da convivencia e o esparcimento e dar a posibilidade ós rapaces e rapazas de poder adestrar o noso deporte baixo as ordes dos técnicos da Federación.

Na imaxe, o grupo de Melgaço.

 

 

Quizáis che interese…