A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o lunss 22 de maio de 2023 ás 20:30 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:
1.- Modificacións Regulamentarias
– Ò presidente expón a situacion na que nos atopamos con só dúas probas que forman parte do Circuíto de Tríatlon e procedendo polo tanto, de acordo ao artigo 4.1a) do Regulamento oficial de competicións Fegatri, tomar unha decisión por parte da Comisión Delegada da distribución de prazas para o Campionato Galego de Tríatlon a celebrar o 26 de agosto en Ferrol.
Apróbase a seguinte distribución de prazas para Campionato Galego de Tríatlon Sprint 2023-Ferrol seguindo a liña do último ano tómase o acordo recollido na seguinte ligazón.
– Proposta Nada e Corre XOGADE
O Presidente informa resume o proxecto no que se está traballando para presentar á Secretaría Xeral para o Deporte, de cara á inclusión do Nada e Corre como programa escolar XOGADE. Acórdase promovelo e se a SXD o aproba presentalo á Asemblea de Calendarios e Normativas de finais de tempada para incluílo xa no ano 2023, dentro do programa escolar (2023/24) e ver a necesidade de facer probas federadas ou só o campionato galego.
2.- Modificación de Calendarios
Apróbanse as seguintes modificacións no calendario oficail
- Engadir a proba- Copa Deputación Ourense de Acuatlón- 30 setembro
- Cancelación da proba- CG Swim Run prevista para o 18/6/2023 debido á concesión de permisos do Porto comunicada polo organizador
3.- Rogos e preguntas.- Non habendo rogos e preguntas a maiores levántase a sesión ás 20:45 h.